Blockchain.gal

Bitcoin Gold

Ponencia de Alejandro Regojo, Cofundador de Bitcoin Gold.

Bitcoin Gold é unha moeda dixital distribuída, hard fork de Bitcoin. O seu propósito é restaurar a viabilidade da minería con tarxetas gráficas comúns e evitar o uso de hardware especializado (ASICs), que favorece a centralización do minado.

Blockchain Legal

Se pensas que pillar Blockchain dende un punto de vista técnico é complicado, facelo dende un punto de vista legal xa é unha cousa louca. Por iso propoñemos esta charla a dúo entre profesionais de recoñecido prestixio, onde poderedes aprender as catro ideas básicas e algunha máis de regalo se queredes iniciarvos no apaixoante mundo do Blockchain.

Bárbara Román, CEO de NoLegalTech, falará sobre os aspectos legais dos negocios construídos con blockchain, as financiacions de unicornios (tamén chamadas ICO’s), as proxeccións reais (e non tan reais) desta tecnoloxía en España e alrededores, as criptomoedas e os criptomichos, e aconsellaravos sobre os profesionais cos que contar nestes casos.

Anxo Barreiro, Director do departamento de Fiscalidade de BV Asesores, falará sobre os aspectos fiscais destes activos, explicará a situación de empresas e investidores en criptomoedas fronte os inspectores de Facenda, compartirá experiencias cos interesados e dará pequenos consellos para evitar grandes blockproblemas.

Agardámosvos o próximo 25 de maio en Compostela

Transaccións, carteiras e organizacións distribuidas

Transaccións e carteiras (criptomoedas)
– Que é unha carteira?
– Como funcionan as transferencias?
– Tipos de carteiras
– Demostración práctica

Organizacións distribuidas (tipo de contrato intelixente)
– Introdución á programación en Solidity (Ethereum)
– Demostración de como crear unha organización autónoma e distribuida en Ethereum (DAO)

Networking

Primer encuentro de Blockchain Galicia. El propósito principal es conocernos y hablar sobre el futuro de la comunidad a corto y medio plazo en un ambiente informal. Y por supuesto… hablar de todo lo relacionado con blockchain!